24.10.16


Buscar ou deixar de buscar, esa é a cuestión. Sentir esa forza que te move e nunca se detén, preguntarse se é a correcta ou non. Ou saber en que momento é mellor deixar de preguntarse. Tentar que a claridade mande, que o honesto vaia por diante aínda que a veces te poidas arrepentir diso, é así. Efectos da verdade. Igual o silencio, igual a mutación. Coller coas pinzas a verdade e trasladala o máis lonxe posible, coa forza que se poida, coa forza que se deixe. E que pouse no corpo todo o tempo que se precie, todo ese tesouro fráxil que se chama poder vivir.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *