22.10.17


Resposta atrasada a unha carta que non precisaba resposta:

Escoito a túa música e sei o que significa a paz. Digo a música da túa personalidade, do que se che move, ou non, por dentro. A túa musicalidade, os silencios, a forma de pensar. A voz que sempre acompaña. Seguramente as nosas mentes sexan complementarias non sei, e por iso a conexión. Temos moito que aprender, e agora que o vexo con perspectiva tampouco era feliz cando nos coñecimos. Ou polo menos agora o son moito máis dende que te coñezo. Ti tamén me curaches. Déchesme unha confianza que non tiña, seguramente polo noso entendemento. Vai soar a tópico pero parece que sen querer nos ensinamos a voar, e cada vez o facemos máis. Fascíname que ata estando a distancia e nin falando nos influamos tanto, nunca tal cousa me pasara. Debe ser cousa de maxia…igual é iso, como somos magos somos capaces de darlle luz á parte oscura do outro…pode ser ese o motivo dese sorriso automático…tanto ten, o caso é que se produce e que a vida contigo parécese moito máis a si mesma, mírase con máis orgullo ó espello.

Parece que se nos pasou Campanilla pola cabeza, e xuntos temos o síndrome de Peter Pan no bo sentido: sempre nenos e polo tanto mellores adultos.

Non te queixarás…;)

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *