“Un colibrí policromo parado en el tiempo. Agarré el caleidoscopio de mi mirada durante unos segundos, de pausa, que parecieron un descontrol infinito.”
O Nadal parece o espazo no que o espazo se para pero ti non queres que se pare. É curioso, prodúcese un bucle inevitable cara adiante no que pasa o que debe pasar, pero seguramente non o que un quere que pase. O territorio dos desexos forzados quizais, ou sinxelamente a obriga da felicidade que cae sobre nós como un meteorito constante e predecible, contra o que non podemos facer nada. Temas de conversa na cea: a idade, teño o curioso talento de rodearme de xente maior ca min sempre, non sei se iso será mellor ou pior.