25.01.17


A importancia da responsabilidade coletiva vaise diluíndo na sociedade líquida na que vivimos. Desta idea falou o recentemente difunto Zygmund Bauman, no seu libro Modernidade líquida. No seu prólogo fala do leve e do líquido, situando a temática. Interésanos ver como as persoas actualmente deixan que o seu entorno se destroce en facer nada, aferrados a elementos de seguridade en moitos casos pasaxeira e inestable, pouco consistente. A cultura pode ser unha ferramenta clave de reconexión e de revalorización de determinadas dinámicas de cohesión social.   

“A interrupción, a incoherencia, a sorpresa son as condicións habituais da nosa vida. Convertíronse inclusive en necesidades reais para moitas persoas, cuxas mentes só se alimentan de cambios súbitos e de estímulos permanentemente renovados. Xa non toleramos nada que dure. Xa non sabemos cómo facer para lograr que o aburrimento dé froito. Entón, todo o tema redúcese a esta pregunta: a mente humana pode dominanr o que a mente humana creou?” Paul Valéry

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *