Por fin vin Arrival. O xogo coa liña temporal é marabilloso, asociado ó que conta. Está feita con moita delicadeza e cun gran dramatismo pero moi ben sostido. Curioso que os extraterrestres sexan pulpos, deben ser galegos entón. Escoitei hoxe na radio que Villeneuve é un director orixinal, realmente non mo parece, o que si fai as cousas moi ben. Elegante e valiente, moi bo narrador. Dosifica moi ben os tempos da historia. Plantexa unha temática que xa vimos moitas veces dunha maneira interesante e emotiva, que non é pouco. A música por exemplo resultoume tópica, pero bueno é unha visión miña persoal, vai en gustos. Unha peli moi carne de Oscar, todo no seu sitio, temáticas trascendentais, boa factura, unha estrela de moda protagonizando…interesante de ver.