25.05.18


Atopáronse nun silencio. Na liña dunha despedida. Non entendían a linguaxe tradicional, pero non importaba. Unha estación de tren chea de xente soa. E moito ruído. Non se atreveron a soñar, non foron capaces. Pensaron tanto no futuro que se olvidaron de estar alí, da sorte que tiñan. Miradas con prexuízos limitaron a verdade. E nesa fronteira morreu unha ilusión que podía ser tecida durante días e días en diferentes aquís. As zonas de paso poden ser eternas.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *