25.07.16


Ter unha persoa que vaia actuar, implica xa para un director traballar con material delicado. Dicían Shakespeare e Calderón que estamos feitos da materia dos soños, e isto como mínimo no teatro cúmplese. O intérprete leva nas súas costas isto, como un atlas que debe soster con ou sen sabelo. Os bos actores son os que saben isto ou o queren saber, os malos non o saben nin o queren saber. E qué facemos nós con isto, directoras e directores? Axudarlle a sostelo. Estar ahi para que entendan ben o valor xusto e equilibrado dese peso que están levando enriba, porque eles dende dentro non o poden ver ben porque non poden ter a perspectiva. Aquí entramos nós. Debemos visualizar esa materia, e conseguir que esas persoas levanten ese peso sen esforzo, que pareza que son capaces de facer unha inmensidade só con decidilo, chegar a exercer ese poder con humildade é o noso gran reto.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *