25.07.17


Hoxe día da Patria, tocou charla con café e licor café. Gústame pensar que imos no camiño cara unha terra máis libre e forte, pero as realidades tampouco son moi esperanzadoras. A ideoloxía na que crían Castelao e outros galeguistas, parece hoxe difusa, presente si, pero o soño segue sendo un soño. Non parece que se avanzase, e cando isto pasa a sensación case é de ir máis cara atrás, e non cara adiante. En todo caso seguimos, que os soños soños son. O camiño que non ten ilusións non ten maxia nen esperanzas, que son a dozura e a beleza da realidade.

<< o verdadeiro heroísmo consiste en trocar os anceios en realidades,
as ideias en feitos >>
CASTELAO ······· 1886-1950

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *