25.08.17


Hai unha tontería que sempre me chamou moito a atención. Que é que un turista nunca se considera turista. “Había moitos turistas por alí”. Igual custa asumir a nosa característica de viaxantes. Antes este espíritu aventureiro era cousa só duns poucos, eses tolos valentes que se atrevían a facelo. Agora esa tolemia está democratizada, pero parece que non se asume o sentido colectivo que isto supón. “Eu vou e listo”. Moito nos empeñamos en non parecer animais, e canto máis nos empeñamos máis nos parecemos. Encántanos ser manada, e ir a sitios onde haxa máis xente. Pero claro cando a vemos agobia, porque tanta mellor non. A min dame que ten que ver con isto, pero igual estou indo por mal camiño…o asunto é moverse non? 🙂

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *