25.08.18


O SOBRADO DAS PALABRAS

  Había un lugar no que se perdían as palabras. As que abrazaban o imposible. Esas, nas que só se fixan as persoas tolas. E tamén a xente normal cando deixa de controlarse. Alí, xogaban. Aniñaban. Facían niños de infancias. Porque nunca chegaron a crecer. Intentaban xuntarse doutras formas para atopar de novo o sentido que perderon. Pode parecer triste, pero non o era. Nelas quedou esa ilusión. Esa marca do querer vivir. Elas non sabían do seu futuro. Triunfaban os columpios, por iso do equilibrio. Hai nomes de paraísos que se fixeron aquí. E tamén amores que aprenderon a ser eternos vivindo aquí.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *