25.09.17


Cada vez me aburren máis as películas de “autores de culto” de festivais. Son interesantes, e feitas con moita elegancia pero tamén se asentan nunha forma de facer que non se renova. Enténdoo, está ben, chegar e manterse xa é ben difícil. O que máis me gustou foron as conversacións honestas, feitas con calma e con intelixencia. Con tempos para o pouso das boas interpretacións. É un thriller bastante curioso, que a verdade non acabo de entender ver. Un personaxe frustrado, que interpreta xenial Kirsten Dunst. Que por certo parece que busca traballar con directores importantes para reenfocar a súa carreira “postcrepúsculo”. E fai ben, é valiente e intelixente pola súa parte. Ten momentos moi brillantes nesta película. Assayas quere adentraste no cine de xénero, e para min non acaba de funcionar. Igual non eu que non remato a entender o que pretende con iso. Un xogo entre a vida e a morte que é curioso pero non moito máis.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *