26.02.17


Moonlight sorprendeume gratamente. Pensei que ía ver algo máis tópico, e realmente é unha película con momentos moi brillantes. É das que a min me gustan, das que deixan respirar as situacións, nas que o que está pasando ten o tempo para sobrepasar a pantalla e ofrecerlle ó espectador a posibilidade de conectar co personaxe. Unha trasparencia sen filtros, con claridade e cariño. Conta algo moi interesante, a historia dun rapaz afroamericano que se ten que enfrontar á súa propia sensibilidade. Non entra dentro das convencións tópicas da “súa xente”, cunha nai drogadicta e un pasado de marxinación que os segue perseguindo. Non se atreve a ser quen debe ser, por medo a que o volvan atacar parece. Por iso queda nun terreo de ninguén, pero a vida vai buscando os seus espazos para mostrarnos a nosa realidade interna, como si nos puxese sempre un espello diante para reflexar o que somos. Dura e bonita ó mesmo tempo, moi recomendable a peli, disfruteina moito.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *