26.04.16


Os finais son de cada conto diferentes, pero todos teñen sensación de final. Esa delicadeza que parece que ten todo, que parece que te caes pero non é así. Un final non é final se non se parece a un final. Non só che queda claro a ti, ao público tamén. Como si a xente que está ó teu arredor cando pasa iso que nunca pensarías que fose pasar, pasa. E o peor é cando pensas: ah claro, é lóxico que pasase iso. Porque non podía pasar outra cousa, era imposible. Ese imposible é o final. Cando precisamente o imposible non ten cabida, só queda o posible, e o posible tende a ser bastante aburrido e pouco atrativo. A invasión do correcto é a fin dos amores que poden con todo.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *