26.06.16


Eu era ese que sempre chegaba tarde. Hoxe quero escribir-te, Lorena. A raiña que xoga na punta do fío, a testemuña de todos que miañaba nas paredes de papel, filtrando as dores máis alá das súas. Hoxe, como outras veces, recordo-te, case como unha figura mítica, pola ausencia e a forza a pesar diso, deusa dos mares ocultos. Sei que describes coas túas palabras o fío, sempre tenso e termo de mil caldos, de moitos soños e de poucas forzas para todos eses que queres. Non colles no teu corpo, non dan os tecidos mortais para aplacar a túa mirada máxica. Algún día, igual que o vento, xuntaremos palabras. E alí será o lugar común da paz, no que entender e xogar será o mesmo. No que o sombreiro sempre esté gardando a porta. Non fai falla que termes de ti, xa o fan os teus soños sempre incompletos. Bicazos ;).

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *