26.07.16


Gustaríame pensar que esas gaivotas non son o que son: simples audios ambientais. E mira que as odiaba. Cando tiña 20 anos existían. Eran ratas de aire pero agora ata as boto de menos. Aquí, no fío que xa degrada a miña vida evitando o denigrante tento buscar a paz. Máis alá dos efectos. Aínda me siguen chamando para solucionar casos, aínda. Non saben vivir sen min, eu si sen eles. Son cousas curiosas que un non escolle. Dinámicas invisibles. Teño centos e miles de formatos e audios á miña disposición. Pero só fotos de paisaxes. Creo que non as palpei. Apalpar ten ese final a dúo tan difícil de atopar. Fai que te preguntes onde está a outra persoa. Os sons ficticios fan ter esperanza de algo mellor. Non fan o traballo dos recordos. Quizais temos medo a esa nostalxia tan profunda. O cubículo podería ser máis feo. Mírome ó espello e o único que penso agora é que son demasiado guapo para ter 105 anos.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *