26.08.16


As series de Netflix están de moda, seguramente sexa a liberdade que poden ser á hora de programar, ó non estar tan condicionados pola publicidade como pode pasar coas cadeas. Menos intermediarios digamos. Esta serie é a maior inversión de Netflix, unha gran aposta. Para isto contan co director de Moulin Rouge: Baz Luhrmann. Ambientada no Bronx dos anos 70. A música é marabillosa. Quédome coa sensación, de que para tal inversión, a serie podería ser algo máis. É moi espectacular, con planos que chaman a atención, pero ás veces peca demasiado diso precisamente, de querer impresionar algo máis do que debería. Ou polo menos é a miña impresión. Está ben elaborada e ben escrita, non conta nada novo por outro lado, é entretida de ver. O que me pregunto é que lle falta ou qué lle sobra, para min unha historia máis elaborada e menos buscar impresionar, está ben que queira ser tan estética, pero sen unha historia algo máis complexa, con personaxes secundarios algo máis profundos, con conflictos propios, faise moi complicado. Moi recomendable de ver de todas formas :).

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *