26.08.18


Si, son raro. Se iso implica respetar o que eres e amarte coas circunstancias do agora…si, son raro. Se iso implica ser cada vez mellor persoa e deixar os medos a un lado. Si, son raro. Ser máis valiente e atreverse co sentir a pesar das dificultades. Si, son raro. Ser directo como ti dis e intuir todo o que pase sen que mo digas. Si, son raro. Se querer sempre aprender e dar o mellor de min sen esperas implica ser raro. Si, son raro. De feito a normalidade case diría que me da asco, porque é realmente cruel. Se a normalidade serve para ser inxustos coa vida, déixaa ir que non me fai falta para nada. No espacio dos raros hai lugar para cousas mellores. Aquí vive a beleza.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *