“A que arrecenden as mans cando non o fan a ti?
Ás ausencias da primavera,
a ese sabor amargo de non sentir calor
cando deberías.
Penso deixar o rastro das miñas unllas
nas paredes ata que o teu berro cale
as ansias do mundo,
o querer viaxar no único vehículo
que é o teu corpo.
Vou ter que inventar unha pintura co
teu olor porque as paredes están
feitas un desastre de non escoitarte.”