27.03.16


“Cambia a hora. Se cambia é que non se marcha, móvese e listo. Estaba nun sitio e vai para o outro. Non? Vale non, os dualismos sonche unha perdición. Como a peli de Scorsese. Sempre cos sombreiros a voltas. Esa liña entre o obxetivo e o subxetivo e delicada, é fácil patinar sobre as circunstancias e caer nalgún extremo imposible. Pero igual de real. Aquela mañan a auga subiume polas pernas e comezoume a contar historias de mariñeiros perdidos, polo menos estaba o poder do mar. Cando a impotencia ten a man humana detrás e máis impotente, son forzas que coñeces. Pode ser máis fácil enfadarse, e ata incluso máis fácil de olvidar. O que non pasa é a vergonza de pertencer a unha raza que non se recoñece a si mesma, coma gatos que se asustan coa súa imaxe no espello.”

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *