27.03.17


Hoxe é o día mundial do teatro. E eu vouno celebrar ensaiando. Cada vez máis feliz e centrado. Para que serve o teatro? Eu creo que para reencontrase con sensacións, con lugares comúns que podes revisitar en compañía. Na compañía de persoas que non coñeces tamén, ampliando esas fronteiras de ilusión a través da copresenza. A nosa compañía, CoTeatro, usa ese co cara varios frentes, para tentar revisitar da forma máis ampla e libre posible a idea de acompañar. Que sexa dunha forma natural, creativa e cercana. Coa claridade do honesto e a profundidade do traballo feito con calma. O teatro é esa arte sempre misteriosa e imposible, roza sempre o absurdo de querer ser outras persoas sen conseguilo nunca. O bo é que ese imposible pode deixar os poros máis abertos polo camiño, se seguramente esa sexa a única e posible meta, darse a man coa verdade e lanzarse a xogar.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *