27.03.18


Hoxe é o Día Mundial do Teatro. E curiosamente non poderei ir ensaiar. De todas formas sempre teño a sensación de estar listo para iso, preparado para facer avanzar algún “obxecto teatral”. Porque algo tes querido teatro. Tocoume facer unha sesión de fotos no Teatro Principal de Santiago, xusto hoxe. A casa a veces parece menos casa que o teatro, porque no teatro sempre caben os soños e na casa poden estorbar os recordos. Ou a cotidianeidade. Ou a soidade. Pero o teatro sempre está potencialmente listo para deixarte soñar, porque é un espazo feito para a liberdade e o xogo. Un dos poucos lugares onde os prexuízos non están permitidos. Onde o eterno e o agora se dan a man, máis alá de modas e normalidades. Se tivese que elixir todas as veces preferiría o teatro, por ser o espazo perfecto da batalla que implica facer resistir á beleza ante os medos. Atreverse a ser feliz ou morrer no intento. Puro teatro. Pura vida.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *