27.06.16


Chamar non ocupa lugar, ou si. Din que os nosos nomes nos marcan. Ti eras chuvia non? xD. Intrígame ese brillo que tes nos ollos, non sei ben de onde sae. Ese entusiasmo contido, que se lanza pero deixa sempre algo para despois. Dis que a túa vida deu un xiro, cara algo inesperado, pero parece que dalgunha forma si o esperabas, e estás máis cómoda do que dis con iso. Estache gustando ;). Igual o nome si te fai distinta, e seguramente máis porque ti non te ves así. Pero tes algo que non percibira antes, e a verdade é que non sei por qué. Seguramente como un canto feliz no medio da chuvia, igual por iso resistes tempestades sen que pareza algo difícil. Pode ser por iso que arranxas as tensións da xente. Sigue xirando. Ou non ;).

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *