Noite de furanchos, moi reveladora por certo. Díxome Roberto que me ía levar a furanchos de verdade, eses de viño barranches e conversas sen fin. E así fixemos, coa calma e o cariño. Moito falamos de Onte e Hoxe, entre outras moitas cousas. A sensación de ser compadres e de compartir ideoloxía e puntos de vista é fantástica. Estar en casa deles e ter sempre a sensación de que tamén é a miña é marabilloso.