27.08.16


Días de reflexións. Primeiro que Escocia se parece máis a Galicia do que nos pensmaos. Realmente temos un vínculo asociado ós Irlandeses, que eu persoalmente prefiro vincular cos escoceses. Supoño que é unha cuestión ideolóxica. Conversas con Camilo sobre a clase proletaria, que olvidou que o é, e seguramente por iso deixou de enfadarse. Moi interesante este tema. Por que a clase proletaria deixou de enfadarse? Posiblemente porque nos fixeron pensar que eramos todos clase media, e seguímolo pensando aínda que teñamos os cartos xustos para acabar o mes e un traballo que non queriamos ter na emigración. Curioso, as unviersidades poden ter tamén perigo dalgunha maneira. Pensar que un título xa nos fai dunha clase social non é certo, as familias seguen existindo. Seguramente como di Camilo a clase media teña que volver a preguntarse cousas, a reivindicar cousas de raíz e a facerse forte cos débiles, e non a facerse forte cos fortes. Queda moito por facer.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *