Vai quedando de ti unha serenidade, como si o teu recordo fose boa literatura que non se olvida. Igual fomos iso, unha historia para contar e da que aprender. Que non é pouco. Igual a historia real era imposible, por iso sempre a distancia. Fáiseme raro que só sexa iso, pero terei que acostumarme. Amantes do distante, da forza do fugaz. Igual era tan forte que non podía ser. Ou igual é tan forte que sempre poderá ser. Nesas vivo, sempre positivo contigo sexa unha cousa ou a outra.