Fargo foi entrando disimuladamente. Nun principio dábame pereza, pero a elegancia coa que está feita foime conquistando. Gustoume moito máis a segunda temporada, o feito de que elixisen a colaridade de personaxes quédalle xenial ó tipo de historia que contan. A recta final da temporada é tremenda, demoledora, cunha música incríble.