Bresson fai un retrato realista cunha estética incríble. Cine francés clásico, coa alma humanista sempre como bandeira como mínimo nas apariencias. Nesta película a protagonista é unha nena, con moito carácter e cunha situación familiar complicada. Unha resistente. Acompañámola na viaxe triste e dura pola que vai. Gustoume moito a fotografía. As interpretacións nótase que quedaron anticuadas. En todo caso as obras de arte sostéñense no tempo, como se fosen capaces de agarrarse ás paredes do tempo.