27.12.16


Sabemos que hai que abordalo, pero parece que hai cousas máis importantes; cando realmente non as hai. Noutras cousas tirar da corda ata que rompe igual é posible, pero neste caso a corda é todo, se rompe esa corda rompe todo. Quizais haxa que priorizar, reconducir o sistema de valores sociais, ou sinxelamente facerlle ver á minoría que extrangula o mundo para enriquecerse que basta, que xa está, que non podemos máis. E non tanto por nós, que tamén, senon por todo o que nos rodea e nos fai ser nós. Sen todo iso nen seriamos, nin existiríamos. Esa é a dimensión na traxedia, se lle metemos man ten solución.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *