Recordos.
ESPÍRITO LIBRE
Sempre hai causas das que non sabemos, igual que hai casas das que somos prisioneiros.
Se a poesía nos deixa,
veremos o solpor á sombra dos medos.
E alí,
coma paxaros que trasladan o niño pau a pau,
veremos espertar os vermes.
Dirémoslles que non pasa nada,
que a lúa nos deu permiso para xogar con eles.
Para invitar ás sombras a pasar, a formar parte dos límites.
A dicir sempre que si cando nos inviten a bailar.