“Non sabías que o que parecía real tamén podía ser unha caricatura, unha línea sen peso nin transcendencia. Pensabas que o peso da roupa era ese, e tiña que ser sempre o mesmo, que no fondo non querías dibuxar o patio de luces con todas as pezas que se perderon na lavadora. Deixar centrifugar sen chegarse a marear, parece unha canción.”