28.07.16


Non puido ser. España parece destinada a unha épica que nunca chega a ser significativa. Parece esquiva da semántica, seguramente por unha temática difusa de país. Estamos faltos de discurso, porque acumulamos moitos diferentes. É unha riqueza desordenada, intencionadamente perdida. Aquí, a mellor xeración do basket en España non puido facer o “máis difícil todavía”, facer xusto o que lles quedaba, gañar ó dream team. E eles sabíano, que non terían outra. Pero a épica chámase así por iso, só espera ás excepcións. E toda historia ten excepcións. Por iso seguramente onte pasou o esperado, e sempre quedará un pero. En toda historia verdadeira quedan peros, porque é como a vida, se non quedan peros é que xa non estás.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *