28.08.16


Cando a voz comezou a cantar, saindo entre o telón vermello brillante o público calou. Foi case inmediato, como a golpe dunha autoridade silenciosa e calmada. A chamada da fantasía, coa forza da delicadeza. A admiración da imaxinación cunha forza expresiva que a acompañe é seguramente unha fórmula oculta da beleza, unha tecla que parece imposible pero tamén que toda persoa pode alcanzar. Baixar ás primaveras do fértil, para alí atopar que o antinatural pode ser o máis natural, os baixos fondos falan dos ritmos internos. O gran sapo fala e manda, tirando na súas augas estancadas das forzas que nos atraen e nos repelen.

James Thiérrée fai da infancia un espazo de cultivo, onde a poesía e a risa poden vivir xuntas en sintonía, case sen darnos conta de que casan ben, son irmás. Danse a man e siguen séndoo, sepáranse e seguen séndoo. O mundo pode ser unha marioneta levada polos grandes bosques que estamos olvidando.

Vivan os puntos de encontro para o xogo nos que parece que todo é posible.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *