28.10.16


Intenteino varias veces. e non iba. Pero volvía a ela por algo. American Crime é unha delicadeza. Soa raro dunha serie que vai de crimes, pero si. O retrato tan de cerca dos personaxes, centrándose nas reaccións dos personaxes é xenial. Parece curioso que non se tivese feito unha serie antes así. Un traballo fantástico, igual as historias en si non son algo novo, pero o cómo están contadas si, dunha maneira sutil e fascinante. Fálase pouco desta marabilla.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *