28.10.17


A min paréceme un histórico da interpretación. Un alma libre, como outras, que morreu antes do esperado. Tamén hai “almas” que son tan vitais que non parecen ter espazo para “madurar” ou envellecer. Ademáis fan tantas ou máis cousas que outra xente en toda a vida. Marcoume o que fixo en varias películas, pero principalmente en El Caballero Oscuro de Nolan. Aquelo foi unha obra de arte en toda regla, unha suma de imaxinación, paixón e entrega con poucos precedentes. Está claro neste documental que Ledger vivía o momento, e exprimía a vida con todo o que ésta lle puidese dar, coa xenerosidade de dar ós demáis todo o que puidese. Un exemplo. É unha pena que non estivese máis tempo con nós. Grazas polo que deixas Heath.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *