12.33. Estado: No triángulo das Bermudas. O ril. Dereito. Berra espido.
A habitación fíxose tan grande que volverei a usar muletas só para acordarme de ti.
Fixen unha pausa co goteiro na man,
a mente pingaba alerxias abstractas,
coas que infecto a miña lingua salivando as paredes.
Farei o mellor collage do mundo o teu olvido – díxenlle.
Soltei os brazos atravesando o pasillo,
abertos coas amplitude dun berro,
acariñando férreas palabras que me chamaron persoa.
Direi que a túa paixón foi a culpable – recordeime.
Descansei na bañeira,
todo o meu corpo parpadeaba,
comendo gominolas con sabor a TIC.
As que sabían a ti tireinas – repetinme orgulloso.
Espero que esteas tremendo comigo,
á vez que eu respiro a soidade
que só comparto contigo…comparto contigo…que só…
O eco deu a luz un perfecto olograma gris. Non se parecía a ningún dos dous.