29.03.16


“Unha barca cruza o amencer. Hai ideas que sopran na orella pousándose para quedar. Tento non tocar o que xa está ben na noite estrelada, non vaia ser que chovan as mitoloxías. Apalpando. É como ter as mans nos pés, esa sensación de ter os guantes da neve nun lugar para o que non estaban predestinados. Saír das convencións como un ladrón nun congreso de neuroestética avanzada. A vida móvese por moito que nós fagamos para evitalo. Sempre remato sen cambio para o café en todas as cidades nas que non vivo. Supoño que por iso vivo en tantas. Amar o collage coma quen ama o próximo, amar o próximo, o que chega xusto despois a tomar un té verde. Quero verte. Sen presa. Sen taxi. Sen trabas. Tampouco cun prato de fabas. A educación non reglada é un prato tremendamente curioso e agradecido coas casualidades. Kas. Ou aliades. Aliados das maldades. Que a luz se atope coa auga e seremos o amencer que nos toque ser.”

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *