29.07.16


O día que volvo a casa é a investidura. Case xa parece unha praza de touros. Mariano sae a envestir. Invertir. Insistir. Hai verbos da terceira conxugación que parece que ser queren ver xuntos. Gustaríanos ver un país normal, dicimos, pero no fondo o que late é que non enfocamos positivamente o bonito da nosa riqueza, ou frikismo, ou como se lle chame. Como mínimo aburrir non nos aburrimos, e isto ten un valor. Creo que a gran pregunta é: onde están as zonas comúns? Existen? Ou son extraterrestres que algún día non moi lonxanos esperamos coñecer? Mariano vaise vestir de E.T en busca do teléfono pedindo ser presidente outra vez. Oxalá Mariano fose igual de riquiño.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *