29.08.18


Ás veces non se sabe. Non sabía que se podía chegar a vivir sen chegar a intentar. Aprazando o presente. Agora teño que acostumarme a vivir sen quererte, sen ter a posibilidade de facelo. Está claro que a esperanza move moito máis do que nos pensamos. Igual hai desexos que se rompen de tanto desexalos. Non fai falta sexo para sentir a eternidade. Igual non eres a muller da miña vida. Pero igual si e todo isto é un paso máis do camiño. Só o sabe o teu mundo interior e o tempo. Sobretodo o tempo que vai poñendo as cousas no seu sitio.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *