30.01.17


Rematei de ver a primeira temporada de The Crown. Parece que a identidade británica está con ganas de reforzarse. E faino como saben eles, con elegancia e intelixencia. Gustoume moito a selección das escenas, onde puxeron o ollo á hora de contar. Parece moi evidente isto, pero non pasa moitas veces. Non é fácil definir o que en teoría se debe contar e o que é realmente interesante contar. Os fios do poder sempre son interesantes para o pobo, porque dende fai anos, siglos, gústanos sentir que a xente as altas esferas é coma nós. Dubidan, equivócanse, etc. É fascinante a liberdade coa que está traballando Netflix en cada cousa que fai, é realmente unha revolución audiovisual.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *