Rematei de ver The Get Down. Realmente a segunda parte decepcionoume un pouco. Supoño que é normal polo forte que comeza a serie, digamos que dándoo todo sen dosificar. E isto nótase no baixón que noitei nos primeiros capítulos desta segunda parte. De todas formas a serie engancha, ten algo de antigo ás veces no mal sentido, cunha narrativa fráxil nalgunhas partes por facerse algo superficial. Está claro que é un producto cultural para o gran público, e parece que se pavonea disto. A min encantoume eh, a música é moi potente, podían variar un pouco máis o discurso, pero eu entrei a tope. O último capítulo non decepciona nada. Ábrese o camiño claramente a unha segunda temporada. Non parece que poidan facer moitas, dada a densidade que ten a trama e porque avanza moi rápido, digamos que queimando cartuchos con bastante facilidade. De todas formas considérome parte do territorio Get Down, mola xD.