30.04.16


Levantouse coa sensación de ter durmido demasiado. Elas xa estaban en pé, bueno, estaban sentadas, pero dise eso de estar de pé cando xa non estás na cama, como si non tiveses dereito a sentarse por se a xente se confunde. Hai noite que desenterran mortos. Esas nas que parece que fuches de sonámbulo a abrir unha fosa común do franquismo. Estás moi canso pero era necesario, é polo ben común. Así que non importa que estés canso, polo menos tes dereito a iso, non coma outros. Era tarde, o almorzo xa non collía no corpo. É como si perdeses o autobús, xa lle pasou a hora, pasou a romaría. A comida invisible xa a tes no olvido. Polo menos aforraches o billete. Debeu ser o bocadillo de despois de deixar a terra como estaba. O detalle de que a cama estivese chea de terra foi un dato secundario, aínda sabendo que nunca antes lle pasara tal cousa.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *