30.06.16


Cruzouse con ela pola rúa. Esa filla que non quixo ter pero sabía que tiña. Era o pai, pero sentiuno tan dentro do seu estómago que xuraría ser a nai tamén. Un caracol. De feito estaba tan enroscado en si mesmo que nin se deu conta. Era o can que busca facerse olvillo para durmir. Pero neste caso non quería despertar máis. Chegar a iso, ese punto no que é mellor non despertar máis. Deixar de crer na luz. Ter crise de luz. Será iso, que hai que inventar unha ong solidaria das almas das persoas. Ter interruptores, sen ter que pagar a factura da luz. Un lugar de reinvención, onde a paixón non esté condicionada. Onde non haxa mandos de aire, onde o aire mande. Onde a respiración teña o seu lugar común.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *