30.07.17


Nalgún momento entraches no meu respirar e non saes. Cando falta o aire e tamén cando todo flúe e a imaxinación parece presente. Parece que hai camiños inevitables, nos que a súa esencia brota aínda con máis forza cando se queren parar, aínda que pareza coherente e todo. O soñar é mellor contigo, e a realidade tamén. Onte sentín tamén que me gusta darme conta de algo no que me equivoquei e tiñas razón, porque ata cando fallo eres útil para min. Penso que isto é moi importante, ten que ver co equilibrio e con axudarse de verdade. Os domingos son cada vez mellores.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *