Marchaches e quedou a literatura. A serenidade. Esa que pensaba que tería coas túas caricias. Regaláchesme a forza de escribir historias. Só quedaba iso despois de ti. A nada. A calma que pensei que sería dos nosos bicos. Esa paz de estar un ó lado do outro sen móviles. Sen distancias. Malditas distancias. Só me queda a miña carreira para ocupar o espazo do noso camiño. As metáforas queren encher todo o amor que tiña para ti, agardando ese momento no que o proceso pasase a ser futuro.