31.03.17


Tamén rematei Girls. E quedei pensativo un rato. É unha serie que funciona moi ben de espello, cun retrato actual moi pegado á mentalidade e o ritmo contemporáneo. Parece saída dun lugar moi cercano, aínda que fale de chicas de nova iorque. A ficcion en feminino é inmensamente necesaria para facer evolucionar determinados clichés que están estancados precisamente por unha insistencia masculina en facer sempre o mesmo. Girls hai que reivindicala e defendela moito, en moitos sentidos, é unha ventá de aire fresco para a ficción mundial, na miña opinión claro. Da pena que se acabe, pero mellor así ben que facendo dez temporadas e viciando esa vitalidade tan boa que ten. Viva Girls.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *