31.07.17


“Algunha xente se pregunta cal é a mecánica da paz. Alí, na fronteira entre o ben e o mal ninguén sabía diso, porque non tiñan tempo nin capacidades para pensalo. Nos territorios a liña divisoria fai funcións de irrealidade, de invento en favor dos intereses que máis interese protexer. A protección é a eterna excusa, o conto de fadas sen maxia ningunha. Cando atoparon otro cadáver máis e no mundo non interesaba sabelo, deron un paso máis para alonxarse da dignidade. Hai límites que interesa coñecer e outros que non tanto. As discusións na televisión eran o de menos”

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *