31.12.16


Estaba o frío. E as forzas do cambio. Buscabamos que o sol entendese a onde queriamos chegar. Eu era ese, ese solitario que sabía onde estaba poucas veces. Moverse dun lugar a outro tentando atopar claves, espazos comúns que limiten a sensación, esa da que escapabamos. Maduramos, imos vendo as fronteiras como algo natural, e non un motor sobre o que saltar a outra galaxia. Xa foron outros tempos. Entender que o ego só sirve se están os demais nel, que sempre será mellor unha festa que un refuxio para a sensibilidade, que tamén, pero xa non están os tempos para esconderse. Xa vai sendo hora de que o mundo se entere, que chegamos aquí para que a sinceridade sexa lingüaxe universal, e a verdade esa amiga que sempre está contigo cando o precisas.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *