6.03.16


En clave de jazz. Sempre bebía en clave de jazz, ata o xeo era unha improvisación pura. Alí no bar sempre soaban os clásicos, era como vivir nun bucle temporal, atrapados na xenialidade do estilo. Custáballe ver máis alá. Era capaz de encher estadios, pero olvidábase de atender ós fillos. E non era por cartos. Na noite cada amor era de quince días, o gran amor que duraba quince días. E a outra. A necesidade da pureza tamén pode traer a impureza consigo, é o continuo equilibrio e desequilibrio da beleza, a orde do caos, o caos metido na orde. O jazz é un estilo invasivamente real.”

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *