7.03.16


Cando vou ensaiar parece que o resto da todo igual. Pénsase en encher ese tempo de cousas con sentido, de aproveitar o espazo baleiro do escenario, para encher o espazo baleiro do tempo do espectáculo. O director actúa no ensaio, para que o actor actúe no escenario, é unha cuestión de traspaso de poderes, de relevos para chegar á meta. Superar o frío da pobreza do teatro, para tocar aínda que sexa levemente a fibra social constituínte, feita dos feitos das persoas. O texto debe chegar a ser pel, a ser serpe e balea, a ser pedra e auga, tecido identificable polas experiencias dos vivos e dos mortos.”

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *