Teatro


Se tivese que escoller, se me obligasen porque non podería escoller…sería o teatro. A convivencia do mesmo espazo-tempo co espectador, unha peza cultural que respira ó mesmo tempo coa súa audiencia, coas persoas que lle dan sentido, é o mellor que hai. Ademáis teño a sensación de que sen o teatro eu non estaría aquí, débolle todo, xa que o amor dos meus pais naceu a través del. Así que sempre terei unha débeda, e realmente nunca chegarei a pagala. Pouco a pouco espero que o amor que sinto polo poder e as debilidades do teatro poida plasmarse nos mellores resultados posibles.

hg-13-11524_peterbrook

"¿Sabe por qué triunfa el teatro, por qué ha vuelto la gente al teatro? Porque el teatro no trata de nada en concreto. Trata de la vida. Es la vida.”

 

Peter Brook

Federico_Garcia_Lorca.jp_Huerta_San_Vicente.7jpg

"El teatro es poesía que se sale del libro para hacerse humana".

 

Lorca